Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 273/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 273/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Vázquez López contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Compañía Integral de Seguridad, S.A., Salzillo Seguridad, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva di:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por José Antonio Vázquez López contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Compañía Integral de Seguridad, S.A., Astra Sistemas, S.A. e contra Salzillo Seguridad, S.A., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno, de modo conxunto e solidario, a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., a Compañía Integral de Seguridad, S.A., a Astra Sistemas, S.A. e a Salzillo Seguridad, S.A. a aboar ao demandante a suma de 5.595,57 euros brutos, quedando limitada a responsabilidade solidaria das codemandadas Compañía Integral de Seguridad, S.A., Astra Sistemas, S.A. e Salzillo Seguridad, S.A. á contía de 3.293,19 euros brutos; todo iso cos xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, desde a interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

2. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberase observar o que resulte do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza