Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 17 de decembro de 2019 sobre o acordo de emprazamento no procedemento ordinario 4163/2019 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda-002 do recurso contencioso-administrativo contra a Resolución do 21 de marzo 2019 do documento de delimitación dos espazos e dos usos portuarios dos portos de Aguiño e Castiñeiras e das instalacións marítimas de Ameixida (Ribeira).

En cumprimento da solicitude formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Sección Segunda-002, en que se ordena o emprazamento aos interesados, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 4163/2019 interposto pola Asociación Ecolóxica Verdegaia, de acordo co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse cantos aparezan como interesados no procedemento de aprobación do documento de delimitación dos espazos e dos usos portuarios dos portos de Aguiño e Castiñeiras e das instalacións marítimas de Ameixida (Ribeira) (publicado no DOG número 72, do 12 de abril de 2019) para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda-002, no prazo de nove (9) días.

O que se fai publico para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente: PO 4163/2019.

Demandante: Asociación Ecoloxista Verdegaia.

Demandado: Portos de Galicia.

Acto demandado: documento de delimitación dos espazos e dos usos portuarios dos portos de Aguiño e Castiñeiras e das instalacións marítimas de Ameixida (Ribeira).

Acto publicado: emprazamento aos interesados.