Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2124

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de dúas prazas.

No BOP núm. 223 do 22.11.2019 aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, das seguintes prazas:

• Unha praza de auxiliar de biblioteca e arquivo, grupo C, subgrupo C1, escala de administración especial, subescala técnica, clase auxiliar.

• Unha praza de axudante de casa de acollida, grupo C, subgrupo C2, escala de administración especial, subescala servicios especiais, clase persoal de oficios.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contarse a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 3 de decembro de 2019

Ángel Manuel Mato Escalona
Alcalde