Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución pola que se acorda a imposición da primeira multa coercitiva correspondente ao expediente sancionador IN635C 2019/150-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución en que se acorda a imposición da primeira multa coercitiva efectuada no expediente sancionador IN635C 2019/150-4, que será reiterada cada catro meses mentres non se proceda á corrección das deficiencias na instalación eléctrica particular.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), e concédeselle un prazo de quince (15) días desde a publicación deste anuncio para recoller a carta de pagamento nas oficinas desta xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para poder efectuar o pagamento da sanción imposta ou xustificar a corrección das deficiencias na instalación eléctrica particular.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta xefatura territorial, no prazo dun mes que se contará desde a publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Pontevedra, 17 de decembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: IN635C 2019/150-4.

Persoa interesada: NIF 36099338X.

Acto notificado: resolución imposición multa coercitiva.