Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 1994

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

BDNS (identif.): 490972.

De conformidade co previsto no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Organizacións sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

A convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Economía, Emprego e Industria ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento das súas actividades ordinarias durante o ano 2020, para o funcionamento dos seus gabinetes técnicos e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, co fin último da mellora das condicións de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un millón noventa e nove mil oitocentos euros (1.099.800 €), de acordo coa seguinte distribución:

Axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais durante o ano 2020.

780.200 € proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais solicitantes, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2019 en virtude das eleccións realizadas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.

Axudas para a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos das organizacións sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.

319.600 € proporcionalmente distribuídos entre as organizacións sindicais intersectoriais que o soliciten, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2019 en virtude das eleccións realizadas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2019

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria