Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2338

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se fixa a data, o lugar e a hora de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 26 de decembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG do 19 de xullo),

ACORDOU:

Que o segundo exercicio se celebrará o día 29 de xaneiro de 2020, en chamamento único, e se iniciará ás 16.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid nº 2, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela).

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2019

Juan Manuel Gómez Duaso
Presidente do tribunal