Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2339

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2020, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o día 9 de xaneiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio do 2019 (DOG número 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.4 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar reclamación contra a baremación no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións irán dirixidas ao tribunal nomeado pola Consellería de Facenda, mediante Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2020

Regina Losada Trabada
Presidenta do tribunal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Puntuación base II.2.1

***8099**

Río Mosquera, Luis

32,15

***9906**

Penas López, Mª Belén

29,00