Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2584

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2020, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo) pola que se modifica a Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 8 de xaneiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificado pola Orde do 6 de setembro de 2019 (DOG núm. 171, do 10 de setembro) e pola Orde do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 210, do 5 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Unha vez realizada a corrección do primeiro exercicio do proceso selectivo na sesión que tivo lugar o día 19 de decembro do 2019 e publicada a resolución coas puntuacións dos aspirantes na paxina web, detectouse o seguinte erro no cadro de corrección do cuestionario correspondente á quenda de acceso libre utilizado polo tribunal.

Na pregunta 45 marcouse a opción A, sendo a correcta a opción D, e na pregunta 46 marcouse a opción D, sendo a correcta a opción A, polo que se procedeu a realizar unha nova corrección dos exames correspondentes á quenda de acceso libre e a actualizar a Resolución do día 19 de decembro de 2019 nos datos en que se vexa afectada, mantendo intacto o resto do seu contido tal e como segue a continuación.

Segundo. Unha vez revisadas, na sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2019, as reclamacións presentadas ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria:

• Anular as preguntas 1, 59, 81, 103 e 105 do cuestionario de acceso libre, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 121, 123, 124, 125 e 126.

• Anular as preguntas 29, 51, 73 e 75 do cuestionario da quenda de promoción interna, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 91, 92, 93 e 94.

• Cambiar a resposta da pregunta 74, que pasa da resposta a) á c), e da pregunta 99, que pasa da resposta d) á a), correspondentes ao cuestionario da quenda de acceso libre.

• Cambiar a resposta da pregunta 44, que pasa da resposta d) á c), e da pregunta 69, que pasa da resposta d) á a), correspondentes ao cuestionario da quenda de promoción interna.

• Desestimar o resto das alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte puntos (20 puntos). Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, aprobados polo tribunal na Resolución do 7 de novembro de 2019, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acadasen as mellores puntuacións, ata completar o número máximo de 60, sempre que obtiveran un número mínimo de 52 respostas correctas na quenda libre e un número mínimo de 39 respostas correctas na quenda de promoción interna (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un terzo dunha pregunta correcta). Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa declarada apta que marque o corte considéranse igualmente aptas aínda que se supere o número de aspirantes antes indicado (60). Asignouse a valoración de 20 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obtiveron unha nota equivalente á nota de corte fixada.

O resto das persoas declaradas aptas teñen unha puntuación distribuída entre os 20 e os 40 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignouse a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a nova corrección, en sesión do 8 de xaneiro de 2020, e consonte aos criterios anteriores, superaron o exame un total de 38 aspirantes no conxunto de todas as quendas, 11 pertencentes á quenda de promoción interna e 27 á quenda de acceso libre. Os aspirantes aprobados foron os únicos que obtiveron o número mínimo de 39 respostas correctas na quenda de promoción interna e o número mínimo de 52 respostas correctas na quenda libre, segundo os criterios de corrección sinalados previamente.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Cuarto. Segundo a base II.1.1.3, os documentos que xustifiquen as exencións do terceiro exercicio (orixinais ou fotocopias cotexadas) deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superen o primeiro exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2019

Javier Páez González
Presidente do tribunal