Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2587

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 31 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 19 de xuño) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 10 de xaneiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de setembro de 2019 (DOG núm. 195, do 14 de outubro), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. O quinto exercicio deste proceso selectivo correspondente ao recoñecemento médico realizarase nas instalacións de Cualtis, S.L.U., sitas en:

– Sede de Santiago de Compostela: Vía Pasteur, 45, polígono do Tambre, 15890.

– Sede da Coruña: avenida Fisterra, 265 A, 1º, 15008.

– Sede de Pontevedra: Paseo de Colón, 7, 36002.

– Sede de Vigo: rúa Padre Seixas, 34, baixo, 36209.

Levaranse a cabo os días 23, 24 e 27 de xaneiro de 2020, nas datas e horas concretas que para cada aspirante se publicarán na páxina web da Agasp.

Segundo. Á realización desta proba quedan convocadas as persoas declaradas aptas no cuarto exercicio publicadas no anexo I da Resolución do 30 de decembro de 2019 deste tribunal.

Terceiro. As persoas aspirantes que teñen que realizar esta proba deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade, a xuízo do tribunal.

A Estrada, 13 de xaneiro de 2020

Alejandro Tuero González
Presidente do tribunal