Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2588

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se publica a Resolución da mesma data pola que se convoca para vinculación temporal, por concurso de méritos, a cobertura de tres prazas da categoría de facultativo especialista de área de Pediatría e as súas áreas específicas para os servizos sanitarios de atención especializada da dita xerencia.

A Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Resolución do 11 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica o Pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O`MEGA, UGT e CSIF sobre a selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria (DOG núm. 240, do 18 de decembro), e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Realizar o anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, por concurso de méritos, con nomeamento estatutario interino, dúas prazas da categoría de facultativo especialista de área de Pediatría e as súas áreas específicas para o seu desempeño no Hospital Público de Verín e, con nomeamento estatutario interino, unha praza da categoría de facultativo especialista de área de Pediatría e as súas áreas específicas para o seu desempeño no Hospital Público de Valdeorras.

Segundo. As solicitudes deberán presentarse nas unidades de rexistro dos centros integrantes da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, dirixidas ao xerente desta área sanitaria, no prazo de 5 días hábiles contados desde a data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ourense, 17 de xaneiro de 2020

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras