Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2524

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se lle dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para ser executada durante o ano 2020.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

– Resolución do 27 de decembro de 2019, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) o servizo en materia de formación correspondente á impartición dun programa de accións formativas no ano 2020 no centro de formación A Aixola.

– Actividade: realización pola fundación Cetmar das accións para dar o servizo en materia de formación para a impartición dun programa de accións formativas no ano 2020 no centro de formación A Aixola, de acordo coas condicións establecidas no prego de condicións aprobado para o efecto.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

– Financiamento: tramitouse como anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.03.723A.604.1, código do proxecto 2016 00258, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2020

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar