Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2519

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a seis encomendas de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante os anos 2020 e 2021.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas de xestión:

1. Resolución do 5 de decembro de 2019, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) o seguimento das medidas 4.1.2 e 4.1.3 do FEMP e o asesoramento económico para as axudas solicitadas a través destas na anualidade 2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: prestar apoio na xestión do denominado «Desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do FEMP 2014-2020» mediante unha asistencia técnica para realizar o seguimento das medidas 4.1.2 e 4.1.3 e proporcionar o asesoramento económico na xestión de axudas presentadas a través delas e que son xestionadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, con código de proxecto 2016 00287. Cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na medida 7 (asistencia técnica).

2. Resolución do 19 de novembro de 2019 da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización dun servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos correspondentes ao servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2020, mediante a atención, filtraxe, priorización e canalización dos avisos recibidos, de conformidade co disposto no prego de condicións técnicas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 15.01.541C.604.1, con código de proxecto 2011 00867.

3. Resolución do 25 de novembro de 2019 da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio administrativo á xestión do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020.

– Actividade: prestar apoio administrativo ao FEMP 2014-2020 mediante unha asistencia técnica na tramitación de axudas ao sector pesqueiro en Galicia a través das intervencións do FEMP e calquera outro fondo similar que entre en vigor no período de vixencia do encargo, de acordo coas condicións establecidas no prego de condicións técnicas aprobadas para o efecto.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2020 e 2021, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, con código de proxecto 2016 00287.

4. Resolución do 26 de novembro de 2020 da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización, do estudo de viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do FEMP 2014-2020.

– Actividade: fixar os criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o estudo da viabilidade e o cálculo dos investimentos máximos subvencionables dos proxectos para os cales se solicita financiamento a través do FEMP e calquera outro fondo similar que entre en vigor no período de vixencia do encargo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 e 2021, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, con código de proxecto 2016 00287.

5. Resolución do 28 de novembro de 2019 da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio técnico para o desenvolvemento dun sistema de control e verificación en relación co cumprimento das intervencións comunitarias cofinanciadas polo FEMP na Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2014-2020.

– Actividade: prestar un servizo de apoio para a realización de controis de verificación dos sistemas e procedementos adoptados para garantir o correcto cumprimento dos proxectos e para satisfacer os requisitos establecidos no artigo 125 do Regulamento 1303/2013.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 e 2021, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, e con código de proxecto 2016 00287.

6. Resolución do 12 de decembro de 2019 da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización, das obras correspondentes ao proxecto de acondicionamento e melloras na lonxa de Testal (Noia).

– Actividade: realización polo sistema de administración, das obras do proxecto de acondicionamento e melloras na lonxa de Testal (Noia).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 10 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 15.03.514A.604.1, con código de proxecto 2016 00257.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2020

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar