Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3216

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade a varios encargos a medio propio realizados por esta axencia.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 17 de outubro de 2019, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución da obra Fase 2 substitución da iluminación das fachadas dos edificios, viaria e disuasoria do Complexo Administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela-A Coruña).

– Actividade: substitución da iluminación das fachadas dos edificios, viaria e disuasoria do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano-Santiago de Compostela.

– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 18 de outubro de 2019 ata o 16 de decembro de 2019.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019; o orzamento de execución ascende á cantidade de seiscentos doce mil setecentos oitenta e dous euros con trinta e catro céntimos (612.782,34 €), con cargo á aplicación orzamentaria 09.A2.733A.608.9 (código proxecto 201900006).

2. Resolución do 6 de decembro de 2019, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de asistencia técnica ao mantemento informático da aplicación Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia e o control técnico das certificacións rexistradas.

– Actividade: mantemento correctivo e evolutivo da aplicación RCEEE, e execución do plan de control dos certificados de eficiencia enerxética de edificios rexistrados.

– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 6 de decembro de 2019 ata o 31 de decembro de 2020.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento nove mil catrocentos trinta e nove euros con oitenta e seis céntimos (109.439,86 de acordo coa seguinte repartición por aplicacións orzamentarias e anualidades:

Aplicación orzamentaria (código proxecto)

Anualidade 2019

Anualidade 2020

09-A2-733A-227.06 (201500006)

6.441.51 €

56.612,23 €

09-A2-733A-640.91 (201500006)

3.939,61 €

42.446.51 €

Totais

10.381,12 €

99.058,74 €

3. Resolución do 19 de decembro de 2019, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo técnico de apoio á tramitación das axudas ao abeiro do Programa de incentivos á mobilidade eficiente e sostible (programa MOVES), de aforro e eficiencia enerxética e de enerxías renovables 2020.

– Actividade: apoio técnico na tramitación das axudas do programa MOVES, de aforro e eficiencia enerxética e de enerxías renovables.

– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 3 de xullo de 2020.

– Financiamento: tramitouse como anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade de trinta e catro mil novecentos corenta e nove euros con setenta e oito céntimos (34.949,78 €), con cargo á aplicación orzamentaria 09 A2 733A 227.99 (código proxecto 201500006).

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia