Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3261

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle nas parcelas 14-15-16 e 17 do polígono industrial do Milladoiro (expediente 2018/213/000003).

Mediante acordo plenario do 28 de novembro de 2019 prestouse aprobación definitiva o estudo de detalle nas parcelas 14-15-16 e 17 do polígono industrial do Milladoiro (Ames), promovido por Santiago Sur Galicia, S.L., documento subscrito polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada e Beatriz Aneiros Filgueira, de data de outubro de 2018.

Se ben o acordo de aprobación definitiva se publica no DOG, a normativa e ordenanzas do referido documento serán publicadas no BOP.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle aprobado definitivamente, no Rexistro de Planeamento de Galicia.

En todo caso, de conformidade co previsto no artigo 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites, e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no seguinte enderezo electrónico: www.concellodeames.gal, dentro do Portal de Transparencia.

Ames, 30 de decembro de 2019

José M. Miñones Conde
Alcalde