De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución pola que se declara a desistencia no procedemento de cesión de predios do banco de terras de Galicia.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), desde as 9.00 ata as 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2019
Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
|
Expediente |
Procedemento |
DNI da persoa interesada |
Acto que se notifica |
|
20071501986-2012-3041 |
Cesión temporal dun predio do banco de terras de Galicia |
49402005Y |
Proposta de resolución de desistencia |


