Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente CO-56147 e dous máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes, os actos administrativos de emenda das solicitudes que se indican.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselles que, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, nos actos que se notifcan se lles outorga ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da notificación, para emendaren as súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude e procederase ao arquivamento do expediente logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 18 de novembro de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data do documento

CO-0000056147

32289411X

Requirimento de emenda da solicitude

26.9.2019

CO-0000078335

35942245F

Requirimento de emenda da solicitude

5.9.2019

CO-0000086350

50786478V

Requirimento de emenda da solicitude

5.7.2019