Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 18 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150044419 e nove máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles os requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga , nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o dito prazo, de non compareceren, considerarase efectuada a notificación.

Advírteselles que, de non efectuaren a emenda no prazo de dez (10) días de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establecido nos requirimentos, contados desde o día seguinte ao da notificación co emprazamento, se considerarán desistidas das súas solicitudes, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 18 de decembro de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A:

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

51296432S

150044419

16.9.2019

Requirimento de emenda da solicitude

Y0293521D

150044819

16.9.2019

Requirimento de emenda da solicitude

49681090D

150045519

18.9.2019

Requirimento de emenda da solicitude

78790792Z

150048119

19.9.2019

Requirimento de emenda da solicitude

32825503H

150053019

26.9.2019

Requirimento de emenda da solicitude

ANEXO II

Procedemento BS650G:

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

33186617D

150061919

31.7.2019

Requirimento de emenda da solicitude

34229592A

150064619

29.8.2019

Requirimento de emenda da solicitude

32363437E

150084119

9.10.2019

Requirimento de emenda da solicitude

32605271B

150084519

25.10.2019

Requirimento de emenda da solicitude

49916256T

150085419

11.10.2019

Requirimento de emenda da solicitude