Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4636

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado mediante a Orde do 4 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 68, do 9 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 21 de xaneiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), modificado pola Orde do 23 de xullo de 2019 (DOG núm. 144, do 31 de xullo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (DOG núm. 68, do 9 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar, para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, as persoas aspirantes que a continuación se relacionan que, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 2 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Apelidos e nome

NIF

Castro Senín, Alejandro

***8401**

Costoya Jul, Ana María

***4238**

De Abreu Ramos, Hugo Alexandre

***0408**

Fernández Domínguez, Pablo

***6735**

Ferreiro Rodríguez, Mónica

***0996**

García Álvarez, Diana

***7704**

Gigerin Martínez, José Luis

***6561**

González Conde, Luis Antonio

***9593**

González López, Verónica

***8301**

Lens Miras, Manuel

***5698**

Ortiz Benito, Aarón

***9601**

Pereiro Suárez, Juan

***7960**

Pérez Vidal, José Manuel

***3141**

Sastre Quintela, Patricia

***9252**

Segura Gómez, Víctor

***8381**

Tamayo Riera, Pablo

***7934**

Segundo. De conformidade co disposto na base 2.1.2.6. da convocatoria, este segundo exercicio da fase de oposición terá lugar na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña), o día 28 de xaneiro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 17.00 horas.

O exercicio consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de dez (10) preguntas tipo test con tres (3) respostas alternativas, das cales só unha (1) será a correcta, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega. O exercicio terá unha duración de corenta (40) minutos.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade ao xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor azul ou negra.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal