Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4635

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 14 de xaneiro de 2020 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

A Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

O primeiro exercicio realizouse o 30 de novembro de 2019.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda