Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4633

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomean os membros da Comisión Técnica de Valoración da proba do galego no concurso unitario de provisión de postos reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional, se convocan os concursantes para a realización da proba e se fan públicos a data, a hora e o lugar de celebración.

Mediante a Resolución do 28 de outubro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Política Territorial e Función Pública, convocouse o concurso unitario de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional (BOE núm. 268, do 7 de novembro).

De acordo co disposto na base quinta da dita resolución, en aplicación do artigo 3 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os concursantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente participarán nunha proba de galego eliminatoria.

No citado precepto establécese que a valoración da dita proba a realizará unha comisión técnica composta por tres persoas expertas na materia e que se nomeará por cada membro titular un suplente.

Na súa virtude, vista a proposta realizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Administración Local

DISPÓN:

Primeiro. Nomear as persoas que a continuación se relacionan membros da Comisión Técnica de Valoración da proba do galego no concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional:

Titulares:

– Purificación Galán Boutureira

– Concepción Armas Quintá

– Isabel Gil Gil

Suplentes:

– Xosé Gregorio Ferreiro Fente

– Olga López López

– Beatriz García Turnes

Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño. O número máximo de asistencias que se van percibir será tres.

Segundo. Convocar os concursantes que non acreditaron xunto coa solicitude de participación no concurso unitario, convocado mediante a Resolución do 28 de outubro de 2019, estaren en posesión do Celga 4 ou equivalente para a realización dunha proba eliminatoria de galego.

A relación de concursantes que deberá realizar a dita proba exporase no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Administración Local e na páxina web (http://www.eidolocal.es).

Terceiro. A proba terá lugar o vindeiro día 31 de xaneiro de 2020, ás 10.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, nº 2-4, Santiago de Compostela.

Os concursantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo da comisión.

Non se permitirá o acceso ao lugar da proba con teléfono móbil, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local