Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador IN635C SANC-COM 2019/1-3.

De conformidade co establecido nos artigos 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, cuxa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal do acto que figura no anexo, a través do servizo de Correos notifícase ás interesadas que constan no anexo o anuncio do expediente sancionador, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

A interesada poderá comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Área Xurídica e Coordinación da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 8 de xaneiro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Acto notificado

Data da resolución

DNI

IN635C SANC-COM 2019/1-3

Resolución de expediente sancionador

19 de novembro de 2019

B32010555