Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN407A 2007/396-1, nos concellos de Vimianzo e Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT evacuación dos parques eólicos Muxía I e Muxía II, nos concellos de Vimianzo e Muxía (expediente IN407A 2007/396-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2007/396-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: LAT evacuación dos parques eólicos Muxía I e Muxía II.

Concellos: Vimianzo e Muxía.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Depósito

Importe

10-1

Vimianzo

Descoñecida

2645/2019

1.496,93 €

161

Muxía

Litixiosa

2655/2019

63,15 €

173

Muxía

Veciños de Armear

2656/2019

275,08 €

299

Muxía

Eudino Cándido Louzán Pampín

2662/2019

1.341,26 €