Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 4910

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de xaneiro de 2020 pola que se declara a perda da condición de funcionario de carreira do funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de Julio José Álvarez Montero.

Con data do 19 de setembro de 2018, foi ditada pola Sección Penal da Audiencia Provincial de Lugo sentenza número 148/2018, declarada firme por Auto do 6 de febreiro de 2019, pola que se condena a Julio José Álvarez Montero, funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, como autor dun delito continuado de exaccións ilegais, na súa modalide agravado por estafa do artigo 438 do Código penal, coa concorrencia da atenuante moi cualificada de dilacións indebidas, entre outras, á pena de inhabilitación especial para cargo público por un período de tres anos.

Tendo en conta o artigo 67 da Lei 2/2015, do 30 de abril, de emprego público de Galicia, en que se establece que a pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargo público, cando teña carácter firme, produce a perda da condición de funcionario de carreira respecto a todos os empregos ou cargos especificados na sentenza,

A Consellería de Facenda, no uso das facultades conferidas polo Decreto 30/2017, do 30 de marzo, e a Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013,

RESOLVE:

Declarar a perda da condición de funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de Julio José Álvarez Montero respecto dos cargos especificados na sentenza, coa anotación correspondente no Rexistro Central de Persoal e con efectos desde o día seguinte á data do auto de declaración de firmeza da sentenza de condena do día 6 de febreiro de 2019.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública