Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 4911

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2020, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado mediante a Orde da Consellería de Facenda do 22 de abril de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o 14 de xaneiro, o tribunal nomeado mediante a Orde do 11 de decembro de 2019 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade coa base II.1.1, que o primeiro exercicio do proceso selectivo se realice a partir do 24 de febreiro de 2020.

Consonte o previsto nas bases I.1 e II.2.1 da orde de convocatoria do proceso selectivo, e tendo en conta a existencia dunha quenda de promoción interna e doutra de acceso libre, convócanse para a realización do primeiro exercicio, os días 24 de febreiro, 26 de febreiro e 27 de febreiro, ás 16.30 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, aos seguintes aspirantes:

24 de febreiro

Promoción interna

Puga Galán, Rodrigo

**3244**

Acceso libre

García Eimil, Inmaculada Libre

**5521**

García Ruibal, María Cristina

**3663**

26 de febreiro

González Bran, Fátima

**5545**

Mato Martínez, Andrea

**2833**

Montero Ares, Inés

**4868**

27 de febreiro

Mosquera Ferreiro, Alfonso

**3797**

Otero Abad, Xiana

**8836**

Paz Montero, Francisco Javier

**7998**

As persoas aspirantes deberanse presentar a cada exercicio provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Diariamente serán convocados no lugar de realización do exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020

Isabel Álvarez Caramés
Presidenta do tribunal