Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5474

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no terceiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2020

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no terceiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Data da sinatura

Importe total do convenio

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares.

12.12.2019

Sen achega económica