Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5555

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

EXTRACTO do Anuncio do 27 de decembro de 2019 polo que se convocan cinco bolsas para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea (código de procedemento PR770N).

BDNS (identif.): 491084.

De conformidade cos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto

Convocar cinco bolsas para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea.

a) Tres bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega.

Unha delas desenvolveranse na oficina da Fundación Galicia Europa (en diante, FGE) en Santiago de Compostela e dúas na oficina de Bruxelas.

b) Unha bolsa destinada a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias e da participación galega en asuntos europeos, con destino na oficina de Bruxelas.

c) Unha bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo con destino na oficina de Bruxelas.

Segundo. Bases reguladoras

As bases reguladoras do procedemento están recollidas no anexo I da Orde do 7 de decembro de 2018, publicadas no DOG do 20 de decembro, pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario o cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea (código de procedemento PR770N).

Terceiro. Requisitos das persoas beneficiarias para obter a bolsa

1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar, mediante empadroamento, residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria.

3. Posuír o título académico necesario ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.

4. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do obxecto desta bolsa.

5. Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

6. Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamada da lista de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.

Cuarto. Importe

1. O importe total destas bolsas é de 83.000 €.

2. O importe total de cada bolsa distribuirase do seguinte xeito:

a) Para as bolsas con destino na oficina da FGE en Santiago de Compostela:

– Retribución bruta (pagamento ao bolseiro): 13.200 €.

– Seguridade Social: 600 €.

b) Para as bolsas con destino na oficina da FGE en Bruxelas:

– Retribución bruta (pagamento ao bolseiro): 16.200 €.

– Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento ao bolseiro): 500 €.

– Seguridade Social: 600 €.

Quinto. Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa