Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5537

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO de convocatoria para cubrir dúas prazas de auxiliar administrativo/a.

No Boletin Oficial da provincia de Pontevedra num. 15, do 23 de xaneiro de 2020, aparecen integramente publicadas as bases do proceso selectivo, no marco do proceso de estabilización de emprego temporal, para cubrir as vacantes (2) de auxiliar administrativo/a, persoal funcionario, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. Así mesmo, publicaranse na sede electrónica deste concello (http://soutomaior.sedelectronica.es).

Soutomaior, 23 de xaneiro de 2020

Ramón Ángel Fernández Garrido
Alcalde accidental