Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase do traslado das follas de valoracións da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada adecuación LMTA, MEA-816-CT Feás, no concello de Cariño (expediente IN407A 2016/328-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 14 de xaneiro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2016/328-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: adecuación LMTA, MEA-816-CT Feás.
Concello: Cariño.
Predio |
Lugar |
Titularidade proposta |
1 |
Esteiro de Arriba |
María Carmen Salgueiro Bellón |
2 |
Esteiro de Arriba |
Hros. de Antonio López Villar e Dolores Santiago Pedre |
4 |
Esteiro de Arriba |
Inés e María Otilia Fraguela Santiago e outros |