Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2020 Páx. 6061

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 443/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 443/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Pedrares Barbazán, Cristina Torres García, Valentín Ces Tarrío, Óscar Pita García, María Mata Seoane, José Manuel Fontenla Gómez, Ana Isabel Pereira García, María Teresa Iglesias Fernández, Alberto Rúa Lamego, Lucía Alvite Gallardo e Juan Castro Mata contra Ames Formación, S.L., De-Zero Consultoría Integral, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou o decreto cuxa parte dispositiva di:

Acordo considerar desistida da súa demanda a parte demandante, o sobresemento destas actuacións e o arquivamento dos autos.

Déixese sen efecto o sinalamento.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida ao xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da Lei reguladora da xurisdición social-LXS).

Para que sirva de notificación en legal forma a Ames Formación, S.L. e De-Zero Consultoría Integral, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza