Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica o trámite de audiencia nun expediente de compatibilidade, ante a imposibilidade de notificación no domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal do trámite de audiencia referente a un expediente de compatibilidade a través do servizo de Correos, esta non se puido practicar, polo que se procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Polo tanto, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia referente á súa solicitude de compatibilidade.

A persoa interesada pode recoller o trámite de audiencia mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o referido prazo, terase por efectuado o trámite de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e procederase a ditar a resolución que corresponda.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Expediente de compatibilidade.

DNI: 77406265H.

Acto de notificación: trámite de audiencia.