Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Excorrigal, S.L. para unha granxa de porcas reprodutoras (expediente 2019-IPPC-M-155).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada polo titular para que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-155.

Número da autorización ambiental integrada: 2007/0037_NAA/IPPC_226.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.c) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Excorrigal, S.L.

Dirección da instalación: lugar de Paredes, parroquia de Lucí (Santa Mariña), s/n, 15886, concello de Teo, provincia da Coruña (parcelas ref. 15083K502001720000RP, 15083A148000010000TB).

Actividade principal: granxa de porcas reprodutoras con leitóns de ata 20 kg.

Verteduras: as augas residuais sanitarias están canalizadas á rede municipal do concello de Teo. As augas de limpeza, xunto coas dexeccións dos animais, diríxense a sistemas de almacenamento antes de empregalas para a fertilización de terreos. As augas pluviais recóllense mediante canles nos tellados das naves e a nivel do chan, garantindo a recolla e evacuación destas augas dun xeito limpo.