Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6586

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de postos vacantes no cadro de persoal laboral fixo incluídos na oferta de emprego público do ano 2018.

No Boletín Oficial da provincia nº 248, do 30 de decembro de 2019, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir os seguintes postos vacantes no cadro de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra (corrección de erros BOPPO nº 5, do 9 de xaneiro de 2020), incluídos na oferta de emprego público do ano 2018:

– Tres postos de traballo de auxiliar de Xestión Tributaria e información, clasificados no grupo equivalente ao C2, pola quenda libre. Reservados para persoas con discapacidade.

– Vinte e un postos de traballo de auxiliar de Xestión Tributaria e información, clasificados no grupo equivalente ao grupo C2, pola quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2019014186, do 1.8.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Réxime Interior, Economía,
Facenda, Novas Tecnoloxías e ORAL