Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6585

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluidas nas ofertas de emprego público dos anos 2016 e 2019, pola quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia nº 248, do 30 de decembro de 2019, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de funcionarios da Deputación de Pontevedra (corrección de erros BOPPO nº 5, do 9 de xaneiro de 2020), incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2016 e 2019:

– Unha praza de técnico/a superior, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integrada no grupo A1, pola quenda de promoción interna.

– Unha praza de vixilante, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C1, pola quenda de promoción interna.

– Unha praza de condutora ou condutor maquinista, integrada no grupo C2 da escala de Administración especial, subescala servizos especiais, pola quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2019014186, do 1.8.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Réxime Interior, Economía,
Facenda, Novas Tecnoloxías e ORAL