Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6584

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas no cadro de persoal funcionario, incluídas na oferta de emprego público do ano 2016, pola quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia nº 248, do 30 de decembro de 2019, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra (corrección de erros BOPPO nº 5, do 9 de xaneiro de 2020), incluídas na oferta de emprego público do ano 2016:

– Unha praza de arquitecto/a técnico/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, integrada no grupo A2, pola quenda libre.

– Unha praza de técnico/a auxiliar de proxectos, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, pola quenda libre.

– Unha praza de técnico/a informático/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, pola quenda libre.

– Unha praza de administrativo/a de administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa, integrada no grupo C1, pola quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2019014186, do 1.8.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Réxime Interior, Economía,
Facenda, Novas Tecnoloxías e ORAL