Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7458

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018.

En sesión que tivo lugar o 23 de xaneiro de 2020, o tribunal nomeado por Orde do 27 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado por Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada por Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), acordou, de conformidade co disposto nas bases que rexen a presente convocatoria:

Primeiro. Estimar as alegacións relacionadas coa incorrección na nota de corte usada polo tribunal para a corrección da folla de respostas do segundo exercicio, e rectificar dito erro aritmético, de conformidade co disposto no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a realización dunha nova corrección cos criterios aprobados polo tribunal en sesión do 7 de outubro de 2019.

Segundo. Publicar as puntuacións definitivas resultantes da segunda corrección realizada por este tribunal da folla de respostas, obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), no lugar onde se realizou o exercicio, e no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2020

Beatriz Díaz Rodríguez
Presidenta do tribunal