Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7452

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro de 2019, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 50274 e 50275, onde di:

«I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir sesenta e cinco (65) prazas, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2019, á cal se acumulan as provenientes da oferta de 2018, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2018, aprobada polo Decreto 160/2018, do 13 de decembro (DOG núm. 239, do 17 de decembro): vinte e unha (21) prazas de acceso libre, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade. Seis (6) prazas do proceso de estabilización, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade. E tres (3) prazas do proceso de consolidación do persoal indefinido non fixo (segundo se indica no anexo IV).

– Oferta de emprego público do exercicio 2019, aprobada polo Decreto 33/2019, do 28 de marzo (DOG núm. 67, do 5 de abril): vinte e nove (29) prazas de acceso libre, das cales dúas (2) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade. Catro (4) prazas do proceso de estabilización. E dúas (2) prazas do proceso de consolidación do persoal indefinido non fixo (segundo se indica no anexo IV)».

Debe dicir:

«I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir sesenta e catro (64) prazas, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2019, á cal se acumulan as provenientes da oferta de 2018, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2018, aprobada polo Decreto 160/2018, do 13 de decembro (DOG núm. 239, do 17 de decembro): vinte e unha (21) prazas de acceso libre, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade. Seis (6) prazas do proceso de estabilización, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade. E tres (3) prazas do proceso de consolidación do persoal indefinido non fixo (segundo se indica no anexo IV).

– Oferta de emprego público do exercicio 2019, aprobada polo Decreto 33/2019, do 28 de marzo (DOG núm. 67, do 5 de abril): vinte e nove (29) prazas de acceso libre, das cales dúas (2) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade. Catro (4) prazas do proceso de estabilización. E unha (1) praza do proceso de consolidación do persoal indefinido non fixo (segundo se indica no anexo IV).

Na páxina 50302, elimínase da fila 5 a praza co código PEC040000015770105, ao atoparse convocada no proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulado/a grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro de 2019)».