Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7451

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro de 2019, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 50212, onde di:

«I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir corenta e tres (43) prazas, na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2018, a que se acumulan as provenientes da oferta de 2017, segundo o que se detalla no Anexo IV desta convocatoria e que se indican a continuación:

– Oferta de emprego público do exercicio 2017, aprobada polo Decreto 124/2017, do 30 de novembro (DOG núm. 234, do 12 de decembro): corenta (40) prazas de consolidación, das que unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade».

Debe dicir:

«I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir corenta e unha (41) prazas, na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2018, a que se acumulan as provenientes da oferta de 2017, segundo o que se detalla no anexo IV desta convocatoria e que se indican a seguir:

– Oferta de emprego público do exercicio 2017, aprobada polo Decreto 124/2017, do 30 de novembro (DOG núm. 234, do 12 de decembro): trinta e oito (38) prazas de consolidación, das que unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade».

Na páxina 50243, elimínase da fila 32 a praza co código MAC991000036001150.

Na páxina 50243, elimínase da fila 42 a praza co código EIC992090136030050, ao atoparse duplicada na fila 22.