Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8511

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Nas páxinas 49970 a 49972, ao non existir na convocatoria unha praza reservada para persoas con discapacidade, procede eliminar a base I.1.1, a base I.1.2, a base I.1.3 e a base I.2.6.