Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8523

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración xeral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 11 de marzo).

En sesión que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2020, o tribunal designado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificado pola Orde do 5 de decembro de 2019 (DOG núm. 238, do 16 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, declarar que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Segundo o disposto na base II.1.1.3 da orde da convocatoria, todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio acreditaron que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar neste proceso selectivo, estaban en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). En consecuencia, decláranse todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas de realizar o cuarto exercicio do proceso selectivo.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2020

Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal