Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8517

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2020, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 29 de xaneiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificado pola Orde do 6 de setembro de 2019 (DOG núm. 171, do 10 de setembro) e pola Orde do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 210, do 5 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 27 de febreiro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2020

Javier Páez González
Presidente do tribunal