Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8516

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ACORDO do 30 de xaneiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 30 de xaneiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, facer público o anuncio de que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 28 de febreiro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula nº 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na rúa de Madrid nº 2-4, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. E non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2020

Antonio Rigueiro Rodríguez
Presidente do tribunal