Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8514

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ACORDO do 30 de xaneiro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño) pola que se modifica o Acordo do 17 de decembro de 2019.

Nas sesións que tiveron lugar os días 21 e 30 de xaneiro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, adoptou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base na reclamación presentada, a pregunta número 17 do primeiro exercicio da quenda de acceso libre e substituíla pola pregunta de reserva número 121; así, modifícanse o punto cuarto do acordo deste tribunal, do 17 de decembro de 2019, no referido exclusivamente á dita pregunta nº 17.

Segundo. Conforme o anterior, proceder á realización dunha nova corrección dos exercicios da quenda de acceso libre, sen modificación dos criterios establecidos nos puntos sexto e sétimo do acordo deste tribunal, do 17 de decembro de 2019.

Terceiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións resultantes da nova corrección, respecto das persoas aspirantes que se presentaron, pola quenda de acceso libre, ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes da quenda de acceso libre poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2020

Antonio Rigueiro Rodríguez
Presidente do tribunal