Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ENX 153/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos non xudiciais 153/2019, seguido por instancia de Rosa María Sánchez Fuentes contra Elda Jerez Noa, sobre execución de recoñecemento de débeda en acta de conciliación ante o SMAC, se ditou decreto de requirimento de pagamento con data do 5 de novembro de 2019, contra o cal se pode interpor recurso de reposición no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que lle sirva de notificación e requirimento en legal forma a Elda Jerez Noa, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza