Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 187/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 187/2019, seguido por instancia de Libertad Truyol Mercadal contra Sergio Rifón Raposo, sobre execución de Sentenza número 547/2019, do 31 de outubro, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto de embargo, ambos con data 8 de xaneiro de 2020, contra os cales pode interpor recurso de reposición e revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que lle sirva de notificación e requirimento en legal forma a Sergio Rifón Raposo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza