Advertidos varios erros na dita Resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 12, do 20 de xaneiro de 2020, cómpre facer as seguintes correccións:
– Na páxina 2519, no sumario, onde di: «Resolución do 9 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a seis encomendas de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante os anos 2020 e 2021»; debe dicir: «Resolución do 9 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a cinco encomendas de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante os anos 2020 e 2021, e unha á Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante o ano 2020».
– Na páxina 2522, onde di: «6. Resolución... Empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec)...»; debe dicir: «6. Resolución... Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa)...».
– Na páxina 2522, onde di: «Natureza e alcance da xestión encomendada:.... Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A.»; debe dicir: «Natureza e alcance da xestión encomendada ... Empresa de Transformación Agraria, S.A. ...».
– Na páxina 2522, onde di: «Prazo de vixencia: desde o 10 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2021»; debe dicir: «Prazo de vixencia: desde o 10 de xaneiro de 2020 ata o 10 setembro de 2020».