Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 8870

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

EXTRACTO da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT236A).

BDNS (Identif.): 494362.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publicase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Obxecto

Establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións dirixidas ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, para ofrecer un conxunto de actividades nas bibliotecas públicas galegas que acheguen á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.

Segundo. Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións os concellos de Galicia, titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT236A).

Cuarto. Importe

Destinarase un crédito total de 195.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432A.760.3 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo