Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9006

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (880/2019).

No procedemento de referencia ditouse a Sentenza do 19 de decembro de 2019, do teor literal seguinte:

Sentenza 1421/2019.

Divorcio contencioso 880/2019.

Xuíza que a dita: Laura Guede Gallego.

Lugar: Ourense.

Data: 19 de decembro de 2019.

Demandante: José Luis Veiga Rodríguez.

Avogada: Rocío Belenda Losada.

Procuradora: María González Nespereira.

Demandada: Cenia Rodríguez Aldana.

Vistos este autos número 880/2019 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. González Nespereira en nome e representación de José Luis Veiga Rodríguez, como demandante, asistido pola letrada Sra. Belenda contra Cenia Rodríguez Aldana, declarada en rebeldía.

Sentenza

Acordo a disolución do matrimonio formado por José Luis Veiga Rodríguez e Cenia Rodríguez Aldana con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da Lei de axuizamento civil (LAC), indícase que contra esta resolución cabe interpor, no prazo de vinte (20) días, recurso de apelación (artigo 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal e que se debe constituír o depósito legalmente establecido.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe.

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Cenia Rodríguez Aldana, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 23 de decembro de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza