Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de convocatoria do proceso de funcionarización de prazas de técnico/a de emprego e desenvolvemento económico e de animador/a cultural e de actividades recreativas, incluídas na oferta de emprego público da anualidade 2019.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 22, do 3 de febreiro de 2020, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria do proceso de funcionarización das seguintes prazas:

–Técnico/a de emprego e desenvolvemento económico, escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A2, por concurso-oposición, quenda de promoción interna.

– Animador/a cultural e de actividades recreativas, escala de Administración especial, subescala técnica, grupo C, subgrupo C1, por concurso-oposición, quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Cabanas, 4 de febreiro de 2020

Carlos Ladra Brage
Alcalde