Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de correción de bases e nova convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo da escala de administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 131, do 9 de xuño de 2018, deuse publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria das probas do proceso de selección, mediante oposición, para cubrir unha praza vacante neste concello, de funcionario de carreira pertencente á escala de administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 28, do 1 de febreiro de 2020, deuse publicidade á corrección das bases reguladoras de xeito que onde di: «días naturais», pasa a dicir: «días hábiles».

Polo tanto, realízase unha nova convocatoria, polo prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado, para presentar solicitudes e enténdense por presentadas en prazo as solicitudes de participación realizadas entre os días 24 de xullo de 2018 e 12 de setembro de 2018.

O Barco de Valdeorras, 3 de febreiro de 2020

Alfredo García Rodríguez
Alcalde