Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9121

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do nomeamento de funcionarios de carreira (un técnico superior enxeñeiro informático, un sarxento do Servizo de Extinción de Incendios e dous policías locais).

A Concellaría delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante resolucións do 30 de decembro de 2019, 2 de xaneiro de 2020 e 15 de xaneiro de 2020, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

– Vicente Ferrería Balchada, con DNI ***0214**, para ocupar unha praza de sarxento do Servizo de Extinción de Incendios da escala de administración especial, subescala servizos especiais, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso-oposición, quenda promoción interna.

– Jesús Garea Ares, con DNI ***7088**, para ocupar unha praza de policía da Policía Local da escala básica de administración especial, encadrada na subescala servizos especiais, integrada no do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de selección de oposición libre.

– David Prego García, con DNI núm. ***3331**, para ocupar unha praza de policía da Policía Local da escala básica de administración especial, encadrada na subescala servizos especiais, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de selección de oposición libre.

– Santiago Pérez Agra, con DNI ***6261**, para ocupar unha praza de técnico superior enxeñeiro informático da escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as superiores, integrada no grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso-oposición, quenda promoción interna.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, o interesado tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue procedente conforme a dereito.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2020

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura